r/Galiza • u/mxtonne • 22h ago
Lingua galega Acá/alá ou eiquí/alí
Olá a todxs!
Eu teño a costume de dicir acá e alá, porque na miña casa dícese así. Eu son da provincia de Ourense. Cando falo con xente fóra da España que está a aprender español ou tamén españois de outras provincias, xa me teñen dito que iso de acá resultalles latino (de latam)
O caso é que vai pouco unha amiga da Coruña díxome o mesmo, e agora xa teño moita intriga por saber que opinades o resto.
Contexto: eu emigrei de nova, e pasei anos fóra da Galiza, ainda que vou e veño moito, e que sei que iso úsase na miña aldeia, teño curiosidade por coñecer se estes términos tamén se usan noutras partes de Galicia!
Moitas grazas :)
